Ribadeo, 8 de setembro, 2021. A Federación Galega de Atletismo fixo pública a circular na que se fai público o listado de atletas seleccionados para representar a Galicia no Campionato de España sub16 por autonomías.
Nesa relación de convocados, aparece o atleta ribadense Brais Díaz Salas, que participará na disciplina de lanzamento de peso, mérito acadado ó longo da tempada, posto que se proclamou campión galego sub16 de peso, tanto en pista cuberta como en aire libre, ademáis de dominar o ranking durante toda ela.
O citado campionato terá lugar en Cuenca os días 9 e 10 de outubro.
A expedición galega, sen ter definido por completo o plan de viaxe, partirá o venres día 8, para voltar o domingo ó remate do campionato.
Con esta convocatoria, Brais ve recompensado todo o traballo levado a cabo ata a data e malia que chega nun momento en que os atletas están comezando logo do parón do verán, será unha gran experiencia a nivel persoal e deportivo.
A Escola Atlética lucense, club ó que pertence Brais, aporta a este listado 5 atletas.