Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebrou este domingo o Día da Bicicleta

Barreiros, 19 de setembro, 2021. Participaron uns 90 ciclistas de todas as idades. As actividades comezaron cunha charla sobre mantemento e reparacións básicas de bicicletas e outra de seguridade vial para continuar co paseo de de 7 km. Debido as inclemencias meteorolóxicas os xogos programados para despois da ruta así como o sorteo de agasallos e da bicicleta tívose que suspender pero segundo informan desde o Concello, nos vindeiros días procederase a sortear todos os agasallos entre os/as participantes.

O sorteo será retransmitido en directo pola páxina de facebook do Concello de Barreiros.

Exit mobile version