Foz, 29 de setembro de 2021. O ciclo de teatro de outono para adultos organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz empeza este venres, día 1 de outubro, cun espectáculo da compañía Teatro do Noroeste, que representará a obra As Virxes Salvaxes, escrita e dirixida por Eduardo Alonso.
As prazas son limitadas, o prezo das entradas é de 5 euros e a reserva previa hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz (teléfono 982.140.027 Extensión 3.
Este ciclo de teatro inclúe representacións todos os venres de outubro ás 20.30 horas e o domingo 7 de novembro ás 19.00 horas, todas elas na Sala Bahía.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que neste ciclo teatral “as mellores compañías de Galicia estarán en Foz”.