Presidiron o acto o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben. Tamén asistiron a edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, así como representantes de Bumei e veciñas e veciños de Burela. A edil de Igualdade dixo: “o que máis nos gustaría sería non ter que concentrarnos por feitos coma o ocorrido na Coruña. Pero queremos desde aquí amosar a máis enérxica repulsa do Concello de Burela contra as violencias, sexan do tipo que sexan”.