A “Merluza de Burela” toma o ‘Camiño de Fisterra’ para poñer fin ás súas “Rutas Xacobeas” 2021 e achegarse ao punto que durante centos de anos se considerou como o derradeiro recuncho da terra.
O restaurante do Parador Costa da Morte ofrece desde o xoves 2 ao domingo 5 de setembro a receita “Pescad do pincho de Burela, ‘carneiro asado’, xugo de chícharos e menta”.
Esta campaña denomínase “Orixe & Destino Galicia” porque o bonito do norte e a pescada do pincho partiron desde a lonxa de Burela e volven a Galicia seguindo o Camiño de Santiago a través de dez etapas: dous produtos pesqueiros de Burela, sete rutas xacobeas, dez Paradores, seis comunidades autónomomas e a mesma orixe e destino: Galicia.
Desde Santiago de Compostela ata Muxía percorrendo boa parte da xeografía española: Lleida (Camiño Catalán), Santo Domingo de la Calzada e León (Camiño Francés), Cuenca (Ruta da Lá), Alcalá de Henares (Camiño de Madrid), Toledo e Ávila (Camiño de Levante) e Zamora (Vía da Prata).
Esta campaña, que se inclúe no Plan de Produción e Comercialización de OPP Lugo e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP, combina a calidade do produto pesqueiro de Burela, coa colaboración de Armadores de Burela, a gastronomía de Paradores e as rutas do Camiño de Santiago.