Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición Kinético de Xirapaus en Lourenzá este venres

Lourenzá, 22 de setembro de 2021. Vilanova de Lourenzá acollerá este venres, día 24, a exposición Kinético de Xirapaus.

O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, anuncia que esta mostra estará pola mañá no CEIP Juan Rey e pola tarde na praza do Conde Santo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreques automatizado, homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan.

Xirapaus é un proxecto de Manu Taboada, fabricante de xoguetes da Chintofanería, e Ero Vázquez, titiriteiro e artesán de Trécola, que xurdiu co propósito de dar e poñer en valor o universo dos autómatas.

Exit mobile version