Foz, 27 de setembro, 2021. A XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarouse este ano en 51 concellos de toda Galiza. En Coordinación co Proxecto Ríos, a Concellería de medio Ambiente de Foz fixoo en Cangas, no río Alemparte. Foi así a primeira participación nesta actividade simultanea. A limpeza e mobilizou a 10 voluntarios mesmo de outros Concellos, que quixeron aportar o seu tempo desprázandose ao ríos para deixalo libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Desta volta recolléronse refugallos moi variados, e coma sempre abundaron os plásticos: botellas, garrafas, bolsas, sacos… Apareceron pezas de lavadoras, cristais e latas; tamén ferramentas, pezas de louza, paus de escoba, ferralla, e entullos. Calcúlase en mais de 70 kg de refugallos os liberados da canle do río Alemparte.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Dende a Concellería de Medio Ambiente agradecen aos voluntarios que “se mollaran po los ríos” e animan a todolos interesados a participar en vindeiras iniciativas de protección do territorio.