Ribadeo, 11 de setembro, 2021. Esta é unha situación que nos indigna, explican. O Concello non mellorou a nosa escola e a asociación solicitou en xaneiro unha subvención da Xunta para axudar ás asociacións a arranxar os seus locais sociais de titularidade propia ou que tivesen cedido locais para o seu uso. E nos cumprimos este requisito porque temos un documento no que o alcalde autoriza a utilización da Escola Vella de Rinlo para o desenvolvemento de actividades da asociación.
A Xunta aprobounos unha axuda de 12.000 euros para obras (eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora da cuberta) e 5.000 para equipamento (sillas, banco, mesas e equipo informático). Xa temos ingresado o diñeiro, pero non podemos facer as obras porque o Concello denegou a licencia. O alcalde non nos escoita e agora temos este problema.