Fernández sinala: “Outra vez máis volve a alcaldesa a dicir que a Xunta non subvenciona a reforma dos vestiarios do ximnasio e a compra de máquinas para facer exercicio. A cuestión é que o Concello, grazas ao tempo no que estivo ao fronte da Deputación Elena Candia, recibe todos os anos os cartos do Plan Único, que no 2020 ascenderon a 262.000 euros; pois moi facilmente podía dedicar unha pequena parte do Plan Único á reforma e dotación do ximnasio. Pero non, prefire dedicalos a usos de máis alta rendibilidade política”.
O portavoz popular tamén fai referencia á queixa da alcaldesa en relación coas fechas nas que a Xunta convocou as axudas para cubrir os custos dos traballos de roza. “Pois eu o que digo é que o ano pasado, no que as axudas saíron antes, no Concello de Trabada non se notou nada, porque, a estas alturas do ano, a roza aínda non estaba feita. Polo tanto, outra vez, desculpas de mala xestora”.
Fernández di que a alcaldesa pretende xerar a idea de que a Xunta non inviste en Trabada. ´”É non é certo en absoluto, e, como non é certo, non lle vale como desculpa. Aí están os 92.676 euros que recibiu o Concello dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; os fondos correspondentes para a mellora do abastecemento, ou os destinados aos obradoiros duais, á contratación de socorristas para a piscina, as axudas do segundo plan de rescate para autónomos, microempresas, hostalería, etcétera. Por non falar dos cartos que recibe o municipio de Política Social, cun total de 289.479 euros”.