Site icon Crónica3.com A Mariña

Xs nenxs da Ocioteca de Burela participaron nunha actividade que organizaron as monitoras do Centro Gaia na praia do Cabaliño

Burela, 17 de agosto de 2021. As nenas e os nenos da Ocioteca de Burela participaron nunha actividade que organizaron as monitoras do Centro Gaia na praia do Cabaliño.

Baixo o nome Na praia eu reciclo “os peques aprenderon a separar correctamente os residuos, xa que aproveitamos os restos das súas merendas para traballar o tema da reciclaxe e os distintos contedores. Ademais cos tapóns residuais, que en moitas ocasións aparecen nas praias, fixemos un mosaico co logo da Bandeira Azul”, explicaron as monitoras de Gaia.

Toñi Eijo, a concelleira de Medio Ambiente, subliñou que “é moi importante educar aos máis pequenos nesta tarefa tan importante, conciencialos de que é algo moi necesario para coidar do noso planeta”.

Como remate da actividade Toñi Eijo repartiu envases reutilizables co lema Que o que volte ás nosas praias sexas ti para levar as merendas á praias ou ao cole e así non xerar máis residuos, “xa que reducir os residuos que xeramos é primordial”, engadiu a concelleira de Medio Ambiente burelesa.

Exit mobile version