Unha vez estas novas medidas entren en vigor, cando sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia, os establecementos de hostalaría aumentarán o seu aforo ata o 50% en interiores e o 100% no exterior. No caso do ocio nocturno, os locais estarán ao 50% de capacidade no interior e ao 75% nas terrazas. A hostalaría poderá abrir ata as 01:00, mentres que o lecer nocturno deberá pechar ás 03:00.
Ademais, coas novas medidas manterase vixente a prohibición das reunións entre non convivintes entre as 3:00 e as 6:00. Fóra destes horarios, as xuntanzas non poderán superar as 6 persoas en interiores e as 10 ao aire libre.
Estas novas medidas entrarán en vigor na madrugada do venres ao sábado, unha vez sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia. Ata entón, os aforos na hostalaría serán do 30% en interiores e 50% en exteriores, mentres que no lecer nocturno só estarán abertas as terrazas, pechando ambos ás 01:00, segundo o anterior nivel de restricións.
Malia a redución dos contaxios no municipio, o Concello de Viveiro pide coidado á cidadanía para continuar neste descenso dos casos activos e asegurar a saúde dos veciños e veciñas.