O resultado final foi un éxito. Adrián Ben, con só 23 anos cumpridos hoxe, terminou en uinta posición, acadando un diploma olímpico.
A final foi seguida en todos os fogares de Viveiro e o concello instalou unha pantalla xigante nos Xardíns Noriega Varela.
“Poucas veces vivimos algo así en Viveiro, está todo o concello moi orgulloso de Adrián, un rapaz humilde e traballador que está facendo historia”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro
No pleno desta tarde, o grupo de goberno proporá que Adrián Ben sexa nomeado fillo predilecto de Viveiro.
“Para esta proposta non só temos en conta os éxitos deportivos, se non tamén os valores que transmite”, engade Loureiro.