O cambio de nivel será efectivo este sábado, día 14. Polo que respecta á modificación nas restricións, a ocupación na hostalería mantense ao 50% nas terrazas e pasa do 30 ao 50% no interior, continuando a prohibición do servizo na barra. Tamén poderá abrir a piscina cun 50% de aforo.
O concello dará máis información das restricións en canto a Xunta publique a orde correspondente no DOG.
O número de positivos a día de hoxe no concello é de 126 a 14 días. A pesares da melloría, o concello fai un chamamento á prudencia para que continúe baixando o número de casos activos.