Con carácter inmediato, a Deputación de Lugo procedeu a someter a probas de antíxenos ao resto da comunidade da residencia (usuarios e traballadores), onde se detectaron dous residentes positivos, que permanecen asintomáticos e tranquilos. Seguindo cos estritos protocolos que se mantiveron ata o momento, estas persoas atópanse illadas nas súas habitacións. Na mañá de hoxe, as autoridades sanitarias procederon á realización das correspondentes PCRs, e a institución provincial está pendente dos resultados. No caso de confirmarse os positivos, todo parece apuntar a que o contaxio podería estar relacionado cunha visita externa.
A Deputación de Lugo continúa coa súa política de máxima transparencia e de resposta inmediata con cribados ante calquera caso positivo ou sospeitoso de selo para protexer a saúde dos traballadores e traballadoras da institución, así como dos usuarios e usuarias dos servizos públicos que ofrece, e de todas as persoas que acceden ás dependencias provinciais, garantindo, ao mesmo tempo, a continuidade e a normalidade na prestación dos servizos.