O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso, pasadas as tres e media da tarde, cando un particular chamou para solicitar asistencia médica para unha persoa que acababa de caer nas proximidades dunha fervenza, preto da Poza da Ferida. Durante a conversa cos xestores do 112, afirmábase que o acceso ata o lugar era difícil.
Así, comunicóuselle o acontecido a urxencias médicas, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil do concello.
Ao final, a dotación dos Bombeiros desprazada ata o lugar indicou que auxiliou e evacuou á persoa, desde a zona da caída ata o punto onde agardaba a ambulancia para poder levar a cabo o traslado da mesma.