Esta aplicación, dispoñible tanto para iOS como para Android, converteuse nun imprescindible nas dúas comarcas.
Con pouco máis dun ano de vida na Mariña e 2 meses na Ribeira Sacra, tanto turistas como locais referiron que é unha ferramenta moi útil para coñecer as dúas zonas, e descubrir todos os segredos, así como a súa constante actualización en todos os seus apartados relacionados tanto co turismo, o lecer e o comercio de ambas as zonas. Tamén podes coñecer todas as actividades que se van a desenvolver, zonas de interese cultural, restaurantes, comercio, zonas pet-friendly, museos e centos de elementos destacables nas zonas da Mariña e A Ribeira Sacra. Na actualidade están incluídas máis de 800 empresas ao servizo do usuario onde poden ver información de interese como a localización ou as redes sociais de cada unha.
O 100% DAS EMPRESAS DE MONDOÑEDO INCORPÓRANSE A TURISGALICIA
Debido a un convenio realizado co Concello de Mondoñedo, todas e cada unha das empresas do Concello xa forman parte da aplicación. No apartado da Mariña xa se poden atopar todas as empresas de Mondoñedo á vez que información relevante sobre elas, localización, redes sociais ou datos de contacto.
Os usuarios da app, que acumula miles de descargas no seu primeiro ano, xa consideran que a aplicación é indispensable.