Xoves, 13 de agosto, 2021. Este venre tivo lugar a Presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Deportes, Cristina Iglesias e os Organizadores do evento
A proba levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s, e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km.
A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove.
Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km.
As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás.
Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m.
Os corredores de 25K, sairán da Praia de Portonovo, con chegada ó Centro Cívico de Xove.
Os corredores de 15K, sairán da Punta da Mansa, con chegada ó Centro Cívico de Xove.
A entrega de Trofeos será sobre as 14:00 horas na Praza do Concello de Xove.