Site icon Crónica3.com A Mariña

Pontón reta a Feixóo a deixar de “ir do ganchete” coas eléctricas e defender os intereses dos galegos e galegas

Santiago de Compostela, 31 de agosto, 2021. Na súa visita ao concello de Poio, a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, retou a Feixóo a deixar de “ir do ganchete coas eléctricas” e defender os intereses dos galegos e galegos ante un recibo da luz que considerou “unha estafa dobre en Galiza” polo seru cáracter productor de enerxía “a esgalla”.

Para a líder do BNG, a cidadanía ten dereito a coñecer a verdade é a verdade, afirmou, é que a factura da luz “ é un roubo legalizado no BOE”. Pontón cualificou de “infumable” que un goberno que se di progresista responda que as eléctricas actúan con pouca empatía social. Na súa opinión, o goberno do PSOE e Podemos debe cambiar a lexislación eléctrica para poñer punto final aos privilexios do lobby enerxético e a estafa da actual factura da luz.

A factura da luz, explicou, experimenta máximos históricos que afogan ás familias, persoas autónomas e sectores como hostalaría, gandaría ou alimentación, poñendo ademais en risco a recuperación económica.

O recibo da luz, reiterou,” é unha estafa dobre para Galiza, por ser unha zona que produce electricidade a esgalla”. É resulta “un escándalo” que Feixóo non mova un dedo para que os galegos e galegas teñamos unha tarifa máis baixa, e compensados polos custes sociais e ambientais de producir electricidade.

Nesta liña, retou a Feijóo a “ deixar de ir de ganchete das eléctricas e se poña de lado dos intereses dos galegos e das galegas. Quero retalo a que lidere unha resposta desde Galiza para baixar a factura da luz” a través dunha “Tarifa eléctrica galega, unha compañía pública, para xestión dos encoros con concesións caducadas e impulsar desde Galiza unha reforma da lei eléctrica para acabar cos beneficios caídos do ceo”.

É “indecente”, recalcou a nacionalista, que nin o goberno central, nin a Xunta movan un dedo para acabar cos privilexios das eléctricas e cunha factura que é das máis caras de toda Europa. Se o ano pasado as eléctricas tiveron uns beneficios de case 6.000 millóns de euros, non me quero imaxinar os deste ano e isto é responsabilidade dos gobernos”.

Por outra parte, engadiu que resulta gravísimo que ante unha subida desorbitada do prezo da luz o presidente da Xunta nin estea nin se lle espere. “Os galegos e galegas merecen un presidente que defenda os seus intereses, e non un presidente abrazado ao lobby enerxético” recalcou.

Encontro en Poio coa hostalaría, cultura e comercio local

Tras o encontro con representantes da cultura, hostalaría e comercio de proximidade no concello de Poio, acompañada do alcalde nacionalista, Luciano Sobral e membros do Grupo municipal, a portavoz nacionalista comprometeuse a defender no Parlamento galego iniciativas para unha maior humanización e melloras das infraestruturas no concello, entre elas a alternativa á PO-308 co vial no Bao que sen dúbida diminuiría o grande tráfico que soporta a estrada que atravesa o concello ao que sumou iniciativas de impulso para servizos públicos e lugares de convivencia.

Poio experimentou un gran crecemento ao redor da PO-308 condicionando a convivencia pero tamén os sectores da hostalaría, cultura e comercio local e dende o BNG continuaremos con iniciativas para mellorar a calidade dos núcleos de poboación, o seu comercio e desenvolvemento económico.

A portavoz do BNG remarcou que os gobernos municipais do BNG caracterízanse por poñer enriba da mesa alternativas viables e en Poio, dixo é necesario completar os proxectos iniciados ao longo destes anos. A clave dos gobernos do BNG, afirmou é unha clara aposta por vilas e cidades o máis humanizadas pero as veces a responsabilidade no é só do concello como acontece coa PO-308 que precisa un cambio de modelo e unha “mobilidade do século XXI”.

Ademais da problemática da devandita estrada, Pontón comprometeuse a priorizar a defensa da sanidade pública incluíndo a demanda de máis persoal para a atención sanitaria de Anafáns, Combarro e Raxó e a construción dun novo centro de saúde para o concello de Poio.

Exit mobile version