Site icon Crónica3.com A Mariña

Paco Nogueiras, este sábado en Cervo

Lugo 11 de agosto. A programación para público e infantil promovida
pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega este sábado a Cervo, co espectáculo musical Extra!, de Paco Nogueiras.

A actuación, organizada coa colaboración da Asociación Cultural Fervenza de Sargadelos, será ás 20.30 horas na Praza do Souto, con entrada gratuíta e libre ata completar a capacidade do recinto, habilitado dacordo coas normas de prevención fronte á Covid vixentes.

Trátase dunha proposta musical baseada no libro-cd do mesmo título,
editado por Kalandraka Editora, que pretende achegar ás nenas e nenos ao mundo da prensa escrita e ao xornalismo. No espectáculo, as noticias cántanse e báilanse, coa participación do público.

O músico e actor Paco Nogueiras explica que “Extra! é un “espectáculo
concebido en época de pandemia, adaptado a realidade que nos tocou
vivir, e pensado para que os nenos e nenas poidan interactuar e
desfrutar desde as súas cadeiras”.

A actuación, organizada coa colaboración da Asociación Cultural Fervenza de Sargadelos forma parte da programación “Verán Infantil”, que inclúe distintas propostas escénicas e musicais para a cativada.

Ademais de Paco Nogueiras, forman parte do cartel os espectáculos
Rockeando con Ramona Órbita de Paco Cerdeira “Pakolas”, A Gramola
Gominola, os concertos do grupo Cozorellos Salvaxes, os pasarrúas de
Guateque Roll e as funcións de clown, malabares e globoflexia de
Punkdemia. En total, programaranse 18 actuacións, en colaboración
asociacións culturais.

Exit mobile version