A razón da súa visita, ademais de cuestións de tipo técnico propias do mundo da navegación, era achegarse ata Ribadeo para saudar e dar a coñecer o novo barco pesqueiro que adquiriron e ao que decidiron darlle o nome do concello galego.
No nome da asociación de Irmanamento Ribadeo-Loktudy, a súa vicepresidenta, Meli Blanco Lombardero, deulles saúdos tanto da asociación como de todo o concello. Uns e outros mostraron o desexo de poder retomar o intercambio con Loktudy para o verán que vén devolvéndolles a visita feita no ano 2019.