Deste xeito, o voceiro da formación popular nesta agrupación de municipios, Demetrio Salgueiro, incide na necesidade de que o presidente busque a colaboración doutras administracións, como é o caso do organismo provincial, xa que, como se especifica no documento, reduciría a aportación que teñen que facer os Concellos, nun momento no que, engade Salgueiro, “as arcas municipais xa están moi deterioradas”.
“Agardamos que a Deputación de Lugo se sume aos proxectos da Mancomunidade, xa que, non facelo, sería difícil de entender e renunciar a unha oportunidade para por en valor A Mariña e a súa economía”. “Non podemos esquecer, remarca, que o turismo é unha das nosas principais fontes de ingresos e de xeración de emprego”. Ademais, lembra, trátase “dun Plan que foi aprobado cunha aportación por parte do Estado de 1 millón de euros e outro millón pola Xunta de Galicia, polo que ten que supoñer un antes e un despois no turismo comarca”
O tamén alcalde de Xove fai esta valoración co fin de “sumar apoios”, xa que “dende o PP somos os primeiros que queremos impulsar un turismo rentable para A Mariña”. A este respecto, manifesta: “coincidimos co presidente que, recentemente, dicía que a comarca debía aspirar a ser un reclamo turístico tamén fóra da tempada de verán, e que o turismo á súa vez debe contribuír á mellorar a cohesión territorial e frear a perda demográfica nos concellos do interior, por iso sería importante, conclúe, contar coa aportación da Deputación”.