Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP condena a falta de limpeza da canalización do río pola avenida de Cervantes que provoca “un desagradable olor” na súa desembocadura en pleno centro de Viveiro

Viveiro, 2 de agosto de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Viveiro, Óscar Rodríguez, comprobou in situ o mal olor da zona de desembocadura do río canalizado por toda a avenida de Cervantes ata o peirao, alertado polos veciños. Sinala o popular ao respecto que “isto non se pode consentir”.

O popular lamenta “a desidia do goberno local que mantén esta canalización chea de porquería” e puntualiza, así mesmo, que se trata dun asunto de “competencia absolutamente municipal”.

Cheiro “desagradable”
Rodríguez critica “o desagradable olor que está a saír de aí e que tanto veciños coma visitantes temos que soportar nesta zona, á beira do casco histórico de Viveiro”, unha situación que considera “mala imaxe para un pobo coma o noso que, nestas datas, aumenta notablemente a súa poboación”.

O Grupo Municipal Popular de Viveiro reclama ao goberno socialista actuacións programadas para evitar este tipo de situación desagradables. “Cremos que non estamos a pedir nada extraordinario. O que pedimos é que o Concello faga un correcto mantemento dos espazos públicos e que garanta a súa salubridrade”, conclúe Rodríguez.

Exit mobile version