Cun total de 12 equipos participantes, as Guerreiras Laranxas serán as primeiras en estrearse. Entrarán en cuartos da décimo quinta edición da cita, fronte ao vencedor de Viaxes Amarelle FSF-5 Coruña FS; a data estimada será o 11 de setembro.
O cadro de Alberto Riquer tamén accederá á trixésima edición da competición en cuartos, pero non será ata o 9 de febreiro, nun calendario con 33 equipos en xogo.