Lugo, 13 de agosto. Coincidindo co segundo sábado de agosto, data tradicional da celebración da Maruxaina en San Cibrao, ao longo da xornada, o Museo do Mar realizará ao longo da xornada diferentes accións alusivas á festividade e á mitoloxía arredor da serea da praia do Torno, presenciais e en liña.
MORRIÑA DE MARUXAINA.
Lídia Pernas do Club Sénior do Museo Provincial do Mar ,a través dos seus versos, vainos demostrar que o espírito da Maruxaina segue entre nós, agardando un ano máis nos nosos corazóns, latexando con forza para saír máis vivo ca nunca o vindeiro ano. Cumpriranse os nosos desexos?
Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar
Hora: 11:00
MARUXAINA A XUÍZO.
Innovando, obrigados pola actual situación sanitaria, xs nenxs do Club Pequeamigxs manterán a tradición desta Festa de Interese Turístico interpretando un orixinal xuízo a nosa serea máis insigne.
Lugar: Museo Provincial do Mar
Hora: 12:00
MARUXAINA, ONDE ESTÁS?
Percorrido polos diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo buscando a Maruxaina.
Onde estará? O enigma será resolto…xa.
Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar e Museo Provincial de Lugo
Hora: 18:00
MARUXAINA SEN CLARA.
Homenaxe a unha das nosas máis queridas mulleres do Club Sénior do Museo Provincial do Mar, Clara Rey Sarmiento.
Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar
Hora: 22:00
Desde a Rede Museística aproveitan a data para agradecer á Asociación de Amigos da Maruxaina a colaboración na exposición “Amar a mar”, inaugurada o pasado outono no Museo de Lugo.
A mostra, cunha selección de pezas do Museo do Mar presidida pola figura da Maruxaina, pódese visitar no Refectorio do Museo.