Pola noite a Prazoleta de San Cibrao acolleu o espectáculo do Mago Deimi, no que tamén houbo un gran ambiente, sempre cumprindo e respectando os aforos, e as medidas de prevención e a distanciamento social.
Dentro da programación das Noites Alternativas, para esta noitiña de martes na Praza do Souto, en Cervo, temos prevista a actuación de Dani Royo&versions band, unha banda de versións en español dos éxitos de todos os tiempos desde os anos 80 ata a actualidade. Será ás 21:30 horas, de balde. https://www.youtube.com/watch?v=E1JvHhPbplA
E para o mércores esta prevista a actuación do Grupo Arizona, na Praza dos Campos. Será ás 21:30 horas. Para poder asistir como público é preciso estar no lugar con media hora de antelación, para inscribir e acomodar ás persoas asistentes seguindo o protocolo de prevención fronte ao COVID-19.