Viveiro, 3 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro realizou as xestións necesarias para a instalación dunha pantalla de grandes dimensións para poder ver en directo mañá a final de 800 metros masculinos da olimpiada que se está celebrando en Tokio 2020, donde participará por primeira vez nunha final olímpica un atleta español, o vivariense Adrián Ben Montenegro.
A ubicación estará nos xardíns Noriega Varela, entre o templete e a Ponte da Misericordia. Neste espazo aberto poderase ver as 14.00 horas de pé dito acontecemento deportivo.
Haberá marcas no chan coas distancias de seguridade, solicitando a quen acuda que se poña derriba das mesmas para poder manter as distancias oportunas. Será obrigatorio o uso de máscara e prégase ao público asistente evitar aglomeracións.
Dende o Concello demándase prudencia para poder disfrutar deste feito histórico para a nosa cidade e tamén para o noso veciño Adrián Ben, que vai ser proposto no pleno de mañá mércores Fillo Predilecto do Concello de Viveiro.