Viveiro, 1 de agosto, 2021. Por primeira vez na historia, España terá un atleta na final olímpica de 800 metros… e será Adrián Ben, un orgullo para Viveiro.
No pleno que se celebrará esta semana, o grupo de goberno proporá que Adrián Ben sexa nomeado fillo predilecto de Viveiro.
“Para esta proposta non só temos en conta os éxitos deportivos, se non tamén os valores que transmite, é un motivo de inmensa ledicia que un rapaz de Viveiro con traballo e humildade chegue ata onde está”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A semifinal de hoxe foi seguida con entusiasmo por todos os veciños e veciñas de Viveiro. Curiosamente, a final coincide co cumpreanos de Adrián, este mércores 4 de agosto.
O concello instalará unha pantalla xigante para seguir a final, aínda que non está decidida a ubicación.