O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consisten na limpeza de foxos laterais e varrido da superficie, extensión dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor e pintado e colocación de sinalización vertical nos viais. Tamén se realizarán actuacións adicionais nas vías como a colocación dunha rexa de sumidoiro no Camiño da Cadra, de forma que se eviten acumulacións de auga”.
O rexedor municipal destaca: “traballamos nos detalles e preocúpanos moito a xestión responsable e honesta dos fondos públicos. Desde que entramos no goberno empréganse remanentes das adxudicacións do Plan Único en novas contratacións, o cal non acontecía anteriormente”.
Estas dúas obras supoñen un investimento de algo máis de 17.000 euros.