C
Un evento moi agardado por todos, verán tras verán, do que levamos dous anos sen poder desfrutar, a consecuencia da situación sanitaria.
Desde o Concello de Cervo, sabemos que é unha data moi marcada no calendario para toda a veciñanza e visitantes, por este motivo queremos facer un especial chamamento á responsabilidade individual durante esta fin de semana, “porque de todos/as depende non dar pasos cara atrás nesta situación que prexudica á colectividade”.
Á espera da publicación da nova orde no DOG, o Concello de Cervo baixaría este sábado ao nivel medio-baixo de restricións, o que indica claramente que a incidencia acumulada mellora grazas ao esforzo conxunto; “polo que é fundamental, polo ben de toda a cidadanía, que sigamos durante estas próximas xornadas, e tal e como vimos facendo todos ata agora, as recomendacións sanitarias, en materia de uso de máscaras, de aforos, de horarios, de distancia social…, tanto nas zonas públicas, como nos establecementos comerciais e na hostalería local”.
Se respectamos as recomendacións das autoridades sanitarias entre todos conseguiremos recuperar a normalidade máis pronto que tarde para poder volver desfrutar da Festa da Maruxaina, como acostumabamos antes da pandemia; algo que todos estamos desexando.