Desde Gaia explicaron que “con axuda dunhas fichas os nenos e nenas tiñan que realizar a lista da compra recortando cada un dos alimentos que necesitaban e pegándoos no seu carro da compra. As monitoras recalcaban as recomendacións para seguir á hora de comprar en canto a envasado e empaquetado dos produtos propoñendo alternativas sostibles como son a compra a granel”.
A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, matizou que “cada día o consumo de plástico crece máis ata chegar a millóns de toneladas e son moitos os que descoñecen a cantidade de anos que tarda en descompoñerse. A súa desintegración é moi lenta, o que fai que sexa un material tremendamente contaminante para o planeta, polo tanto é necesario o uso de bolsas reutilizables que proporcionan diversas vantaxes ambientais e económicas e permiten gardar os alimentos e outros produtos sen un empaquetado excesivo e innecesario que só xera residuos e un aumento do prezo”.
Nesta ocasión Toñi Eijo entregou a cada participante unha bolsa reutilizable aportadas pola empresa Gadisa.