Foz, 13 de agosto, 2021. A Fundación Martínez Otero, entidade titular do Colexio Martínez Otero, comprácelles comunicar oficialmente a incorporación como nova directora do centro á mestra Dª Beatriz Fernández Uría, e como nova xefa de estudos a profesora Dª Yolanda Fiallega Gómez.
O pasado día 12 de agosto de 2021 produciuse a renovación do equipo directivo do Colexio, por causa de finalización dos mandatos de Dirección e xefatura de estudos, que ata o momento viñan desempeñando D. Antonio Alonso Fraga e D. Ramón Eiras Fernández.
A Fundación Martínez Otero quere agradecer publicamente o extraordinario traballo exercido por ambos, a súa dedicación, compromiso, esforzo e bo traballo, sobre todo nos tempos difíciles do cambio, o cal quedou demostrado ao longo da sua dilatada traxectoria na función dos seus cargos de responsabilidade. O noso agradecemento pola súa labor que levaron a cabo en beneficio do ensino do noso pobo.
O Colexio Martínez Otero da a benvida aos responsables do novo equipo directivo, desexándolles moita sorte para este novo proxecto, que esperemos estea cheo de ledicias.
O Colexio é moi consciente das necesidades dos alumnos nunha sociedade que funciona a gran velocidade, e quere seguir ofrecendo unha educación de calidade, continuando co firme propósito de mellorar constantemente os nosos servizos.
Asimesmo, queremos lembrar que o Colexio Martínez Otero ten abertas as súas portas, tanto físicas como virtuais, recordándolles que teñen á súa disposición un gran equipo de profesionais ao Servizo da educación, e que na páxina web do Colexio atoparán toda a información relativa aos servizos que ofertamos.