Por parte do sector, ao que representaban na reunión Susana López Otero e mais Susana Doce, puxeron de manifesto que eles foron dos mais perxudicados durante a pandemia e que en todo momento asumiron e acataron todas as normativas e regulamentos e que a pesares deso e tras un ano de pandemia o sector atópase nunha situación extrema.
Desde o BNG, Daniel Castro afirmou que “as medidas da Xunta van en dirección contraria á actitude das persoas profesionais da educación física e do deporte así como dos centros deportivos que en todo momento aceptaron todas as medidas de prevención e implementando medidas sanitarias cun grande esforzo económico”.
Esta problemática será trasladada ao Parlamento a través de iniciativas que o deputado mariñao presentará alí nos vindeiros días para poñer fin ás trabas da Xunta ao sector de propietarias e propietarios de centros deportivos no desenvolvemento da súa actividade, que na Mariña son moitos.