Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pide un Skate Park

Viveiro, 24 de agosto, 2021. Dende hai uns anos no concello de Viveiro o interese polo surf e skate aumentou de forma exponencial, dous deportes que van da man e que xa son referentes para a xuventude, desde os 6-7 anos até idades adultas chegando en época estival a concentrar perto de cen crianzas por día para desfrutar e aprender nas numerosas e marabillosas praias que nos rodean, sendo as praias da Mariña moi ben valoradas para a práctica do surf.

Tamén na comarca contamos con algunha instalación para a práctica do skate como as de Cervo e Foz. 0 Skate Park de Cervo ten unha gran acollida desde a súa construción onde moitas viveirensas e viveirenses se desprazan a diario até ali, mais non pasa o mesmo co de Foz, pois segundo as persoas expertas non conta coa calidade idónea, sendo un factor importante que a construción desta infraestrutura sexa dirixida por especialistas nestas construccións. A destacar o pouquísimo mantemento destas infraestruturas e que, ben construidas, durarán décadas.

No caso concreto de Viveiro, foi no ano 2017 cando un grupo de nais e pais, xunto coa colaboración de escolas e varios comercios de Viveiro, promoveron a construcción dun Skate Park na nosa vila chegando a recoller perto de 1.200 sinaturas que avalaban o anteproxecto presentado. Incluso promoveuse un encontro entre o Concello e a empresa vasca ZUT, especialista neste tipo de construccións. Dito anteproxecto foi acollido con interese nun primeiro momento e incluso se chegou a comentar no seu día que se conseguira una partida presupostaria de case 40.000€, mais finalmente a alcaldía destinou os fondos a outra finalidade, setenciando ao olvido o proxecto presentado e tirando ao lixo o traballo e implicación social de moitas veciñas e veciños.

Ante o incremento da afición a este deporte, dende o propio BNG no ano 2020 propuxemos un acordo plenario para facer un estudo en relación a construcción de dito Skate Park como parte da recuperación do Parque Pernas Peón, xusto onde se atopa unha caseta cun gran burato que podía formar parte do mesmo. Esta ubicación creou controversia mais a necesidade de contar con esta instalación segue aí, ao igual que a recuperación de dito parque.

Debemos ter en consideración que en Viveiro contamos durante todo o ano con dúas escolas de surf cunha matrícula que ronda os 70—80 alumnos e alumnas e que están competindo a nivel autonómico e estatal cuns resultados máis que aceptables quedando sempre entre os 5 primeiros postos, colocando Viveiro á par de lugares con historia surfeira de toda a cornisa cantábrica.

Concluímos pois que a veciñanza de Viveiro e sobretodo a xuventude, conta con grande afición a esta modalidade deportiva mais non conta con instalacións para a súa práctica, non podendo pasar por alto a oportunidade que supón este “boom” polo surf e skate que contribúe á chegada de visitantes que buscan practicar estes deportes.

Polo anteriormente exposto, porpónse para aprobación o seguinte acordo:

ACORDO:

1. Construir un Skate Park en Viveiro, contando cunha empresa especializada para a súa construcción.
2. Considerar a demandada zona de Lodeiro para a súa ubicación.
3. Esta instalación será multidisciplinar, permitindo a práctica de varias disciplinas, como son o SurfSkate e o Skate tradicional.
4. Dentro do posible valorar que esta instalación conte cunha cuberta que posibilite ser utilizada en días de choiva.

Exit mobile version