Viveiro, 28 de agosto, 2021. Na Área Etnográfica da Insua prohibiuse o acceso de vehículos a unha zona que foi especificamente deseñada para o aparcamento dos mesmos.
Esta prohibición que claramente foi improvisada e sen planificación, fíxose sen colocar sinais que advirtan do corte ao aparcadoiro e sen espazo para cambiar de dirección, obrígando aos vehículos a saír marcha atrás co consecuente perigo e molestias.
Rogamos, novamente, que se proceda á retirada inmediata dos obstáculos que impiden o acceso dos vehículos e a realizar a conservación do lugar de maneira axeitada, pois no BNG de Viveiro non estamos dacordo con esta modalidade de gobernar tan sinxela, prohibindo e pechando, sen ofrecer ningún tipo de alternativa e/ou solución.
Polo que exiximos a reapertura deste aparcadoiro público na súa totalidade chegando até a rampa que descende pola marxe esquerda, tal e como foi deseñada e proxectada polas arquitectas e arquitectos.