Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro denuncia que se lle continúa a negar o acceso á información sobre a residencia de Aspanane

Viveiro, 26 de agosto, 2021. O pasado 8 de xullo rexistrábamos o seguinte escrito, facendo constar que:
En data 15 de marzo solicitábamos “acceso a toda a documentación existente no Concello de Viveiro, así como aos expedientes relacionados coa cesión do colexio vello de Celeiro e o traslado da EOI.”
Séndonos concedido acceso ao expediente con límite de tan só 5 días.

No pleno do 7 de xullo de 2021, realizábamos a seguinte pregunta: “Foisenos concedido acceso a un expediente que contiña información, durante un límite de tan só 5 días. Tendo en conta que actualmente non podemos contrastar a nova documentación que puidera existir, rogamos que se informe por parte da alcaldía do estado actual dos trámites para a cesión do colexio vello Celeiro e todo o que ten haber con este proceso, así como concendernos de novo acceso ao citado expediente sin tempo limitado.”

A reposta a esta pregunta por parte da alcaldía foi: “Dende que vostede tivo acceso ao expediente non se incorporou ningún novo documento ao mesmo e, como en calquera outra ocasión, os accesos aos expedientes outórganse unha vez que se solicitan.”

Polo que solicitamos o seguinte:
1. Acceso permanente ao Expediente 1035/2019.
2. Se dea resposta por parte da alcaldía á pregunta formulada no pleno que non foi atendida e que se transcribe de novo a continuación: “se informe por parte da alcaldía do estado actual dos trámites para a cesión do colexio vello Celeiro e todo o que ten haber con este proceso”
3. Se informe detalladamente acerca da taxación do edifico do colexio vello de Celeiro: Si está elaborada a taxación, a data da mesma e copia do documento.
De non ser así, cales son os motivos do retraso neste procedemento?. Que está facendo o goberno local ao respecto?.
Indicación dos días e horas en que se tramitaron as xestións, así como as persoas actuantes nas reunións e a documentación presentada e/ou requirida.
Cales son as xestións que teñen previstas para continuar coa tramitación?

A resposta e este escrito foi: “tense previsto realizar unha convocatoria informativa para tratar este asunto e analizar as últimas tramitacións recibidas no concello ao respecto.”

Logo, vía telefónica e através da secretaría da alcaldía, notificouse que a data para dita reunión sería o 28 de xullo, mais a día de hoxe nada se ten convocado, por tanto e unha vez máis, rogamos ao equipo de goberno que informe detalladamente do estado actual de tramitación e que se comparta o referido expediente para poder consultar a documentación existente.

Exit mobile version