O BNG de Foz insistiu xa daquela que os traballadores da empresa levan denunciando anos a carencia de persoal en todos os servizos que presta. Tanto de oficina como en reparto e clasificación. Está operativo o persoal estrictamente imprescindíbel para a prestación do servizo público, e deíxanse de prestar outros servizos encomendados dende a vaga privatizadora na que se viu inmersa nos últimos anos.
Lonxe de atender ao acordo unánime do Concello de Foz, durante o mes de agosto o servizo postal empeora notablemente en Foz, con carencias insoportables no reparto. Con retrasos de mas de 15 días nas parroquias, relacionado coa ausencia de cobertura da plantilla e insuficiente dotación para a carga de traballo do periodo vacacional.
Un novo chanzo no desleixo do servizo postal universal. Por riba continúan sen ofrecer alternativas ao servizo presencial na oficina de Correos os sábados. Unha situacion a que o servizo de Correos debe poñer fin de xeito inmediato.