Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición do Comercio na Rúa de Foz do 19 ó 21 deste mes

Foz, 16 de agosto de 2021. AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de agosto.
Desde este xoves e ata o sábado os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables a campaña desenvolverase no interior dos locais.

Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 27 establecementos, que son: 5 Lobiños, Arrullos, Buxo Xogos, Calzados Pirde, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Isla, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, María Docampo Moda, MC Automotive, N 1 Zapatillas, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliña que “estes descontos chegan nun momento importante para as economías familiares que teñen que afrontar os gastos que representa, un ano máis, o comezo do curso. No Comercio na Rúa atoparán unha ampla oferta en moda, calzado e artigos necesarios para a volta o cole”.

Colaboran con esta iniciativa de AciaFozCCA o Concello de Foz, Impulsa Foz e a Xunta de Galicia.

Exit mobile version