As sesións de ioga infantil están a ser unha das actividades de máis éxito e demanda neste verán. Medio cento de nenxs asisten ás clases impartidas pola especialista Nuria Torrado, na Casa do Mar de San Cibrao, dentro dos programas Cervo Concilia e Enredando no Verán; por quendas, e sempre cumprindo uns rigorosos protocolos de aforo e seguridade. As vantaxes do ioga nestas idades son infinitas: Axuda a fortalecer os músculos. Axuda a gañar flexibilidade e equilibrio. Contribúe a mellorar a concentración. Axuda a adquirir conciencia do propio corpo, aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes. Estimula a súa creatividade e imaxinación…