Mondoñedo, 4 de agosto, 2021. A Cova do Rei Cintolo é un referente para o turismo de Mondoñedo e para o turismo da Mariña e isto pode verse reflexado na afluencia de visitantes que está a recibir na campaña de verán do presente ano.
Co mes de xullo recen rematado, o balance do mesmo arroxa unhas cifras de récord en pleno ano de pandemia e con restricións no aforo.
No presente exercicio, o mes de xullo foi un mes no que os grupos de visita á cova se podían conformar cun máximo de seis asistentes máis guía, seguindo o criterio establecido por Sanidade para este tipo de actividades, o que supón unha importante redución de aforo con relación ao anos previos nos que os grupos máximos establecidos estaban en 10 persoas máis guía ou 15 máis guía no referente a grupos organizados e centros educativos.
Así, a pesar desta redución de aforo do ano 2021, a afluencia e aceptación das visita á cova están sendo tan importantes que o presente mes de xullo marca un novo récord de visitantes á cavidade superando nun 5% o mellor mes de xullo previo dende a súa apertura, que fora o ano 2019. Nun momento sen estas limitacións derivadas da pandemia.
Apoiados neste éxito das visitas e na crecente demanda das mesmas, así como o interese detectado entre os asistentes en que se abriran novas rutas con maior complexidade, o Concello de Mondoñedo xunto co Federación Galega de Espeleoloxía, están a traballar para a posta en marcha dunha nova ruta de visitas dentro da Cova de Rei Cintolo.
Por isto, o pasado venres día 31 de xullo de 2021 levouse a cabo a primeira visita guiada ao río dentro da Cova do Rei Cintolo, encamiñada á posta en marcha dunha nova ruta de visita dun nivel de dificultade maior de cara ao vindeiro ano 2022.
A actividade desenrolouse en dous grupos de visita, un ás 10h e outro ás 16h, no que 6 participantes en cada un dos grupos tiveron a ocasión de visitar as galerías inferiores da cova chegando ao punto máis baixo da mesma por onde discorre o río da cavidade.
Esta acción resultou plenamente satisfactoria para as persoas que asistiron e, polo tanto, establécese unha nova visita especial ata o río para este mes de agosto. Esta nova visita terá lugar o vindeiro venres día 27 de agosto de 2021, en quendas ás 10h e ás 16h.
A actividade ocupará arredor de 3h e as entradas terán un custo de 30€ por persoa.
Para esta visita especial haberá que solicitar praza na Oficina de Turismo de Mondoñedo a través do teléfono 982 50 71 77
Por outra banda, dado que esta é unha visita máis longa e complexa, considérase preciso que as persoas que queiran visitala teñan unha forma física boa, xa que a dificultade da mesma é media-alta. Tamén indicar que a idade mínima para poder facer esta visita é de 18 anos.