Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras e concelleiro de Medio Ambiente, Mar e Turismo, Toñi Eijo, Carmela López e Ramiro Fernández.
Durante toda a fin de semana seguen as xornadas gastronómicas dedicadas ao bonito en preto de 20 locais hostaleiros de Burela. E no muro do peirao xa se poden as creacións dos 8 artistas que neste 2021 participan en Amarte, o Certame Internacional de Pintura Mural. A entrega de premios terá lugar mañá a partires das 13:45 horas. O acto será conducido polo actor galego Sergio Pazos. Aínda quedan pendentes citas coma os concertos que ofrecerán esta noite Tribu Folk e mañá a mediodía Eladio y Los Seres Queridos.