Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da exposición ‘Aula do Mar’, este martes en Burela

Cervo, 2 de agosto de 2021. Este martes 3 de agosto de 2021, ás 12:30 h será inaugurada a exposición da Aula do Mar, da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. A apertura do acto será a cargo do Alcalde do Concello de Burela, Alfredo Llano, coas intervencións
do Presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, o Concelleiro de Cultura, Educación, Sanidade e Mocidade, José Díaz, a Concelleira de Servizos Sociais e Mar, María del Carmen López Moreno e a Presidenta das Redeiras Cabo Burela, Mª Jesús Alonso López. A clausura do acto correrá a cargo do Presidente do Galp A Mariña-Ortegal, Javier Martínez Otero.

A exposición estará ubicada na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela, desde o 3 de agosto ata o 29 de setembro de 2021, ambos incluídos. O horario no que se poderá visitar a exposición será en agosto polas mañás de luns a venres, de 10 a 14 h e, en setembro, polas mañás de 10 a 13 h e polas tardes de 17 a 20 h.

Esta actividade está subvencionada a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal da Consellería do Mar, dentro do marco do Fondo Marítimo e de Pesca (FEMP), no que colabora a Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela.

Exit mobile version