“A directiva chamoume a finais de tempada, cando os clubs xa buscaban novas xogadoras, e mostreime moi interesada pola súa proposta. Para min Burela é un gran equipo que non só suma títulos senón tamén historia. Espero adaptarme rapidamente ao bloque para axudar as miñas compañeiras; é moi importante a sintonía do grupo” explicaba a pivote zurda.
Tras catro campañas en Telêmaco- Borba e dúas en Unifor, Emilly deu o salto ao futsal español a tempada pasada desde o São Jose. “Defender esta camiseta para min é unha honra. Para min é un soño desde antes de saír do Brasil, poder chegar a formar parte dun equipo campión de todo. Farei todo o posible para poder sumar como grupo esta tempada” confesaba a xogadora, de 26 anos.
Emilly é a terceira novidade das Guerreiras Laranxas, despois das internacionais españolas Irene Samper, desde AD Alcorcón, Elenita, procedente de Universidad de Alicante. Suma a duodécima peza do proxecto das campioas, con Ale de Paz, Leti, Jenny, Cilene, Cami, Dany, Elena Aragón, Sandra Buzón e Jozi.
Final del formulario