Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz celebrou o Día de Mondoñedo cunha charla e pasarrúas

Foz, 16 de agosto de 2021. Onte, domingo, celebrouse no hotel Isla Nova unha nova edición da festa de Mondoñedo en Foz, coa participación do historiador local Antón Niñe e de Montse Lombardía, mestra natural de Mondoñedo que traballa na gardería A Galiña Azul focense, que falaron dos vínculos históricos que comparten ambas poboacións. Asistiron os alcaldes de Mondoñedo e de Foz, Manuel Otero e Fran Cajoto, que entregaron a ambos relatores agasallos institucionais.

Esta actividade, que foi organizada polo xerente do hotel Isla Nova, José María García Rivera, contou con moita presenza de público, que completou o aforo da sala. Durante o ano anunciouse a intención de organizar moitos anos máis esta celebración, que foi amenizada por pasarrúas a cargo das bandas de gaitas O Feitizo e Ecos de Navia.
O Concello de Foz agradece esta iniciativa e espera seguir estimulando os lazos históricos co municipio de Mondoñedo.

Exit mobile version