Na súa visita estivo acompañado polo presidente da asociación, Jorge Manchado Rivero, e pola directora da entidade, María José Novoa Rodríguez.
Unha das claves desta visita é a concienciación e promoción do consumo de peixe como unha importante axuda para previr enfermedades mentais: o peixe pode salvar a nosa saude mental. Segundo estudos recentes, comer peixe de maneira habitual pode reducir ata un 30% as posibilidades de desórdenes neuropsiquiátricos; principalmente os chamados peixes grasos, como o ollomol, a cabala, o bonito, o arenque ou a sardiña.
O xerente de Expomar recibiu como agasallo un cadro pintado por un dos internos do centro. A obra, que está inspirada nun disco do grupo de rock australiano The Church, foi creada por “Xolo”, un artista de 54 anos natural de Bravos (Ourol) e que conta xa cuns 600 cadros pintados e innumerables exposicións por toda a comarca da Mariña.
A inspiración e paixón pola arte de Xolo comezou xa de neno, moito antes de que estudara Belas Artes en Salamanca, cando con tan só 5 anos xa gañaba premios de postais e realizando xa as primeiras exposicións das súas obras.