Este venres tivo lugar a entrega de diplomas de asistencia ao Programa Xove Concilia Verán, no cal participaron 60 menores durante os meses de verán, realizando tarefas lúdicas, saídas culturais e actividades medioambientais. O Programa subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo no programa operativo FSE Galicia 2014/2020, responde ao obxectivo do Concello de Xove de facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias do municipio durante o estío.