Vega explica que “os veciños levan moito tempo reclamando o seu arranxo” e, polo tanto, “quérolles agradecer o seu traballo que fixo posible o recente anuncio da Deputación para a mellora desta vía sobre a que o goberno local do BNG se mantivo pasivo sen escoitar as demandas dos veciños afectados. Foi o noso Grupo Municipal o que, despois de reunirse cos veciños e escoitar as súas demandas, presentou ante o pleno da corporación municipal distintas iniciativas “para instar á Deputación a investir nesta e outras estradas provinciais no noso municipio”.
“Tamén quero agradecer o traballo do portavoz do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, que se achegou ao municipio en varias ocasións e que deu traslado deste tema ante o pleno da corporación provincial”, dixo Vega.
Investimento tamén para as estradas do rural
O popular asegura que “seguiremos reivindicando melloras nas infraestruturas viarias da Deputación que comunican as parroquias do rural ou a zona da costa e que se atopan moi abandonadas”. É o caso da estrada de Santalla, a da Devesa ou a de Arante, por exemplo. “Seguiremos esixindo que se invista nas estradas da Deputación que temos no noso concello”, conclúe.