Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega critica a actitude do goberno local con respecto á observación astronómica que organiza a Xunta en Ribadeo

Ribadeo, 12 de agosto, 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, sinala que o goberno do BNG “cambia e modifica o seu discurso”. O popular considera “sorprendente” que “ante a nosa proposta para acondicionar a Casa da Ría, que está totalmente abandonada, co obxectivo de realizar observacións astronómicas nos dixera que iso é como plantar plantaneiros en Ribadeo e agora incluso se queira apropiar, manipulando a cartelería, dunha actividade que organiza a Xunta”.

O popular condena “o pouco traballo do goberno do BNG”; xa que “polo abandono da Casa da Ría -que é o espazo idóneo para este tipo de actividades; pero onde entran as silvas e a cúpula non funciona- a observación astronómica que organiza a Xunta terase que celebrar no auditorio ou na praza de España”.

Exit mobile version