Debido á limitación de aforo e tras haberse esgotado o número de entradas disponibles para o concerto, realizaránse dúas funcións en lugar de unha. Deste modo, haberá un primeiro concerto ás 19 horas na Capela da Venerable Orden Terceira, e seguidamente un segundo concerto ás 21 horas no centro cultural de Alcántara. Neste concerto interpretaránse obras dende o Códice Calixtino, Martín Codax, Libre Vermell de Monserrat, Afonso X O Sabio entre outros hasta chegar a Juan del Encina. O aforo para os concertos será limitado, tendo que facer a reserva de entradas na Oficina de Turismo, chamando ao teléfono 982 507177, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.