Novos servizos no centro
O centro ten nestes momentos cubertas todas as prazas da residencia e atende a 13 usuarios na área de día. Onde si existen vacantes é na unidade de Alzheimer que os xestores queren promocionar, tal e como lle trasladaron ao goberno local.
Asemade, segundo explicaron, tamén dispoñen dun proxecto de ampliación da zona inutilizada do edificio para poñer en marcha un espazo de vivendas tuteladas que encaixaría respectando as limitacións arquitectónicas do edificio. A equipo de goberno asumiu o compromiso de buscar financiamento para impulsar esta actuación, valorada en preto de 460.000 euros, e que xa foi enviada ao Goberno para incluíla no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. Desta cantidade, 155.500 corresponderían a obras de acondicionamento interior; 82.000 á reparación de fachadas; e, 221.400 euros, á mellora da urbanización exterior.
O goberno de Mondoñedo considera que “foi unha xuntanza moi produtiva”. “Sentamos as bases para que o centro poida ofrecer máis servizos, xa que unha das nosas prioridades como Concello é dar resposta ás persoas que máis o precisan”, conclúen.