Este venres, 20 de agosto Xosé A. Touriñán, Celso Sanmartín e Ledicia Sola estarán na alameda dos Remedios, en Mondoñedo. A partir das 21:30 horas terá lugar unha gran noite de humor para a que aínda quedan entradas dispoñibles.
O domingo 22, o espectáculo chega a Ferrol. Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, David Amor e Lucía Veiga levarán o bo humor a unha Praza de Armas en plenas festas. A DJ compostelana Russinha porá a música a esta noite de comedia que comezará a partir das 21:30 horas.
As entradas para Mondoñedo, Ferrol e o resto de paradas da xira están dispoñibles en comicamente.gal e na web de Ataquilla.
Os espectáculos de Comicamente teñen lugar en recintos ao aire libre en distintas vilas e cidades galegas respectando as medidas sanitarias vixentes. Toda información sobre as datas, localizacións e venda de entradas atópase en comicamente.gal e nas redes sociais de Comicamente.